¿Quen Somos? Compromiso coa Hostalería e a Reciclaxe
En colaboración coa Xunta de Galicia e Hostalería de Galicia, estamos comprometidos con impulsar a sustentabilidade no sector hostaleiro. O noso obxectivo é promover prácticas responsables que reduzan o impacto ambiental dos establecementos, fomentando a reciclaxe e a correcta xestión de residuos.
- Misión: Axudar aos negocios hostaleiros a implementar solucións sostibles que beneficien tanto ao medio ambiente como ás súas comunidades locais.
- Visión: Converter a Galicia nun modelo de referencia en reciclaxe e sustentabilidade na hostalería, marcando un precedente para outras rexións.
Unimos esforzos para garantir unha contorna máis limpa e sostible, protexendo o valioso patrimonio natural da nosa terra. Únete a este movemento e transforma o teu negocio nun exemplo de responsabilidade ambiental.

CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO: en virtude do Decreto 49/2024, de 22 de abril, polo que se fixa a estructura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e tal e como recolle o artigo 1 do Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se estabelece a estrutura orgânica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, tem atribuídas as competências e funcións en matéria de ambiente, a conservación do património natural, a ordenación do litoral e promoción da paisaxe, a protección das augas, a loita contra o cambio climático e prevención da contaminación e as competências na matéria de instalacións de produción de enerxía a partir de fonte renovables, conforme oao establecido no estatuto de autonomia para Galicia e nos termos sinalados na Constitución Española.
DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE AMBIENTAL E SOSTIBILIDADE ten atribuído o exercicio das competências e funcións en matéria de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e extratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, ou a xestión dos residuos, de acordo cos principios de desenvolvimento sostible e da economía circular, incluindo diversas atribucións en materia de planificación e control da xestión de residos.
CONFEDERACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS DE HOSTALARÍA E TURISMO DE GALICIA entidade profesional sen ánimo de lucro que agrupa aos diferentes establecementos de hostalería e turismo de Galicia (restauración aloxamentos, vida nocturna) unidos para promover e defender conxuntamente os intereses comunes de todos os membros que a integran.


